A Biblioteca Apostólica Vaticana é a biblioteca da Santa Sé e está ubicada na Cidade do Vaticano. A súa páxina web proporciona, entre outros moitos servizos, o acceso á dixitalización de boa parte dos riquísimos fondos que custodia. As imaxes dos manuscritos da lírica profana galego-portuguesa V (Vat. lat. 4803), L (Vat. lat. 7182) e C (Vat. lat. 3217) poden consultarse e descargarse desde o devandito sitio web. Para unha consulta áxil de V na BAV, téñase en conta que o primeiro folio do cancioneiro ofrecido en Palmed, V-00r, se corresponde co 3r da dixitalización da BAV.